C.M.V.M.C.D.

COMUNIDADE de MONTES VECIÑAIS

en MAN COMÚN de DARBO

Cangas do Morrazo

Historia
Textos Legais
Actividades
Galería de Imaxes
Material Didáctico
Enlaces
Contacto
Novas
CURSO de MICOLOXÍA e MICORRIZACIÓN (18.11.2008)

A partir do vindeiro martes 18 de novembro terá lugar o Curso de Micoloxía e Micorrización que organiza a Mancomunidade de Montes Veciñais en Man Común da Península do Morrazo coa colaboración da Fundación Comarcal O Morrazo e a Consellaría do Medio Rural. Aínda que este curso está destinado aos membros das xuntas directivas das comunidades de montes que integran a Mancomunidade de Montes do Morrazo, as charlas están abertas a todos os interesados.

O curso que será impartido polas micólogas Alba Dasairas Bouzada e Purificación Lorenzo Castro, celebrarase na Casa da Cultura de Coiro (Cangas) e constará dunha parte teórica e doutra práctica.

A parte teórica dividirase en 6 sesións que darán comezo a partir das 20:00h:


Martes 18: Iniciación á micoloxía
Mércores 19: Principais cogomelos comestibles
Xoves 20: Cogomelos tóxicos
Martes 25: Introdución á micorrización
Mércores 26: Creación dun xardín micolóxico
Xoves 27: Aproveitamento micolóxico forestal

 

 

Histórico notas de prensaHistórico

Última actualización 17.11.2008
© Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Darbo