|
O ESPAZO NATURAL DE PUNTA BALEA
Nesta guía, elaborada polo Grupo de Anelamento Anduriña (2006), realízase un minucioso percorrido polos diferentes hábitats que están representados no Espazo Natural de Punta Balea (Cangas do Morrazo): Medio Mariño, Praias e Zona Dunar, Supralitoral Rochoso, Campos de Cultivo e Baldíos, Lagoa e Zona Palustre e Bosque de Salgueiros. Tamén se fai fincapé nos diversos factores que están a ameazar a conservación deste espazo.
|
| |
|
O MONTE GALEGO EN CIFRAS
Publicación da Consellaría de Medio Ambiente (2001) na que se analiza o estado e a evolución dos montes galegos. Unha ferramenta útil para a coordinación das políticas forestais e de conservación dos montes galegos. |
|
 |
NON QUEIMES O FUTURO
Guías didácticas elaboradas pola Consellaría do Medio Rural e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega coas que se pretende sensibilizar sobre a catástrofe que supón o lume forestal para crear unha conciencia activa na defensa do medio rural e natural. |
Guía didáctica de primaria Guía didáctica de secundaria Guía do profesor  |
|
|
OS SEGREDOS DAS ÁRBORES
Guía informativa editada pola Direción Xeral de Desenvolvemento Sostible(2003) sobre as especies de árbores da Península Ibérica e dos espazos naturais característicos, polas súas árbores, en Galicia. |
|
|
A VARIABILIDADE NATURAL DO CLIMA EN GALICIA
Libro editado pola Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e a Fundación Caixa Galicia (2007) no que se aborda o estudo da variabilidade e cambios do clima de Galicia e se aportan datos inéditos sobre o clima galego como, por exemplo, o efecto que o cambio climático está a ter en Galicia. |